I ROTEIRO D@S FUXID@S. “Escapando da morte”.

O Comité pola recuperación da Memoria Histórica do Val do Limia [CMHVL], organiza o primeiro roteiro que rememora unha das vías de escape que empregaron @s vicinh@s do Val do Limia e de outras partes da Galiza para escapar dos carniceiros falanxistas; estes, encheron as cunetas do país de cadáveres durante a represión franquista e sementaron o terror nas aldeas da nación. Os fuxidos por esta e outras vías de escape do Xurés, atoparon acubillo nas freguesías portuguesas de Montalegre, podendo salvar dese xeito o seu pelexo ata procurar a saída cara a Europa ou América.
Data: Sábado 25 de agosto.
Saída: 10 da manhá fronte á rectoral de San Pedro de Muínhos (Mugueimes).
Tempo estimado: 3h e media.
Chegada a Tourém e lectura de manifesto.
Traslado en autocarro dende o punto de chegada ao xantar de confraternicación na Casa Don Pedro en Pitoês da Junias e regreso ao punto de partida.
O roteiro vai seguindo espectaculares corredoiras e congostras para internarse no Val do Salas entre un frondoso bosque de ribeira. Durante o percurso, vanse manifestando excelentes mostras do patrimonio cultural e natural, complementados cao beleza paisaxística dos picos de Fontefría e das Gralleiras.

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/roteiro-dos-fuxidos-escapando-da-morte-27345761&utm_source=social&utm_medium=facebook.com&utm_campaign=badge

Agosto 14, 2018