III Roteiro da Memoria “Escapando da morte”
Guiados polo Davide de Bande e o Américo Rodrigues, medio centenar de persoas atravesaron o Laboreiro, por unha das rotas empregadas por centos de antifascistas para evitar ser capturados e executados polo franquismo.
Pasados poucos minutos das 10h, iniciaba o III Roteiro da Memoria “Escapando da morte” dende Outeiro de Augas, chegando a Queimadelos antes das 16.30h.
Foron pouco mais de 17 quilómetros onde poideron contemplar a maxestuosa paisaxe desta comarca do sur da Gallaecia central. Desfrutaron dos cabalos e cachenas ceibos polo monte, do rico patrimonio arqueolóxico [menhires, motas, dolmens] presentes ao longo do Laboreiro, no que se considera unha das maiores concentracións megaliticas da Europa.
Na aldea de Rodeiro visitaron as ruinas da casa do Antonio Rendeiro, no que estiveron agochados refuxiados galegos como a familia Diz Lorenzo, que fuxian das gadoupas de Franco.
Terras de contrabando, fuxidos, resistencia e guerrilla.
Foi unha inesquecíbel xornada de camaradaxen antifascista.