Lisardo Rodríguez León

Agradecemos à família ter-nos facilitado umha fotografia de um dos quatro vizinhos de Moinhos assassinados polo fascismo.
Lisardo Rodríguez León, 43 anos, vizinho do Agrelo, guarda florestal, foi executado 18 de agosto de 1936 na Rola, nas proximidades do Poldrado, a ponte da desaparecida estrada que comunicava Mugueimes com Porto Quintela.
Erroneamente até há umhas semanas, o Comité pola Memória Histórica do Val do Límia, tal como aparece na investigaçom de Julio Prada, datava o seu assassinato 19 de outubro.
Porém, tal como nos tem indicado Malena de Jesús Rodríguez, umha das suas netas, Lisardo Rodríguez León foi morto no dia de santa Helena polo Fragueira, o chefe das milícias falangistas de Bande.
Na foto familiar, sacada na romaria da Clamadoira [Moinhos] em setembro de 1932, Lisardo Rodríguez León aparece na parte superior direita acompanhado da sua mulher Elena com a sua filhas Társila, Rosa e Lisardo. Na parte superior esquerda o seu pai, Manuel Rodríguez.
“Tres días despois de acontecida a mesma, o xuíz de Instrucción do partido de Bande dirixía un escrito ó responsable da liña da Garda Civil, Ildefonso Cristobal, no que lle interesaba a práctica de xestións para determinar as circunstancias que rodearon a mesma; este, na súa resposta, dáballe conta que, segundo lle informaban os milicianos encargados do servizo, se resistiu á súa detención cando procedían á mesma “por tener confidencia de que dicho sujeto de filiación comunista venía haciendo propaganda de esta índole valiéndose para ello del cargo que tenía y por lo tanto del arma que poseía”, víndose obrigados a disparar os seus fusís causándolle a morte. Os milicianos declaran diante da devandita autoridade xudicial que a orde de detención partiu directamente do tenente da Benemérita, confirmando no esencial os extremos antes apuntados. O 31 de setembro Justo Medrano, enxeñeiro xefe do Distrito Forestal de Ourense-Lugo, enviaba un escrito ó comandante de milicias da provincia no que aseguraba que as pescudas iniciais principiaran como consecuencia de senllos oficios dirixidos por el mesmo a diversas instancias diante da inhibición amosada polas autoridades competentes, ó tempo que ofrecía unha versión substancialmente diferente dos feitos da que extraemos o esencial: “Que el día 9 de agosto se presentaron en la casa del guarda Lisardo Rodríguez León (…) tres milicianos armados, preguntando por él; que se fue a buscarlo a una tierra próxima de su propiedad donde trabajaba; que le dijeron les acompañara como guarda a un servicio que tenían que hacer (…) marchando con ellos a pie hasta el pueblo de Mugueimes en donde les esperaba un auto requisado en Bande conducido por Julio Rodríguez Estévez, en el que montaron; que llegados a una revuelta de la carretera, antes de la alienación recta de la misma que termina en Portoquintela y del río Limia, se apearon y a pocos pasos del coche, sin casi tiempo para pronunciar palabra, ni haber mediado nada que ni remotamente lo justificara Gurmensindo Pérez González disparó dos tiros sobre Lisardo dejándole muerto.
Las causas que se dice originaron el hecho fueron las siguientes. En día o días anteriores tuvo Lisardo una discusión violenta con el contratista de Obras Públicas [S.]A., porque en la construcción de la carretera de Mugueimes a Porqueirás [Sic] habían hecho tierra en una finca del Lisardo. El referido contratista contó la cuestión, que es de suponer temiera pudiera ocasionar alguna reclamación a Gurmensindo Pérez González el cual se ofreció a arreglar el asunto”.
Daquela o gobernador militar da provincia ordena ó tenente de Carabineiros Adolfo Pousa que proceda á instrución dunha información a mediados de novembro na que a dona do finado confirma esta última versión; outro dos milicianos participantes nos feitos engadía que antes de ir a buscalo á súa aldea G. Pérez, na sua condición de xefe local de milicias advertiu a un garda civil de Portoquintela que ían proceder á súa detención “y que en caso de que oyeran algún disparo que no se alarmaran”, manifestando que viu como do coche baixaban este último e o garda, producíndose unha discusión que culminou con dous disparos de fusil realizados polo miliciano, o segundo deles cando a víctima xa se atopaba no chan. Seguidamemte, acudiron a Bande a dar conta dos feitos ó comandante militar da vila. Antonio, falanxista irmán do executor material do asasinato, declara que puido ver como seu irmán lle entregaba a Ildefonso Cristóbal menos de dúas horas antes do asasinato “una carta que había recibido la noche anterior del contratista de la carretera (..), el que dió (sic) la orden (…) que procedieran a detener y dar muerte al guarda forestal, confrmando os restantes extremos e engadindo que Lisardo deixara a súa tercerola [fusil similar ao mauser] no automóbil. A segunda declaración de Antonio insiste en que, como non sabía ler, entregou a carta ó tenente da Benemérita e este lle ordenou “procedieran a [su] detención (…) con la consigna de que le diera muerte y le presentaran la tercerola que tenía adjudicada”.
O texto da carta do contratista de obras, habitual colaborador das milicias na persecución de esquerdistas e na recollida de armas, que reproducimos integramente, era o seguinte:
“Mi querido amigo abiendo tenido una entrevista con un señor que tiene espíritu de comunista que es el montaraz de este distrito vino con una tercerola a desafiar a un capataz mío y hacer propaganda de sus ideales ante las gentes que estaba trabajando el tiene una tercerola y una escopeta y además es un borracho y sea un veodo y con esto espero que tan pronto recivas estas letras que vengais tres para desarmarlo y darle una paliza que es lo que merece sin mas espero ser atendido pronto (arriba España)”.
O día 22 de novembro eran ingresados no cárcere os falanxistas G. Pérez e Camilo Álvarez Espiña, non procedéndose á detención de Antonio por atoparse no Exército nin á do citado contratista, daquela en paradoiro descoñecido. Moi interesante resulta, asemade, o testemuño do camisa vella Juan Pedro Recouso Naveira, o cal non dubida en afirmar “que el Teniente de la Guardia civil que a la sazón se hallaba en esta villa que las órdenes que le daba tanto al declarante como a sus compañeros, respecto a las personas que él mandaba detener, era que no los trajesen sino que se deshiciesen de ellos por el camino”.
Daquela sucédense parecidas declaracións que proban máis aló de calquera dúbida a implicación deste responsable da Garda Civil na represión paralegal desatada no partido, especialmente no concello de Bande”.
Prada J. (2004) “Ourense, 1936-1939. Alzamento, guerra e represión”. Sada: Ediciós do Castro.
A impunidade com a que agia o sicariato falangista e as forças repressivas sementando terror indiscriminadamente, fica patente neste caso. Embora Gumersindo Pérez foi processado por delito de assassinato 24 de abril de 1937, nom deveu cumprir condena pois “xa a principios de xuño o instructor recomendaba o sobresemento das actuaciós, proposta que fixeron súa tanto o auditor de guerra como o xeneral-xefe da VIII Rexión Militar”. Nengumha medida foi adotada contra o criminal Ildefonso Cristobal Calvo, mais alá da sua transferência por um breve período à sua Sevilha natal. Tampouco foi sancionado o “Axente de Vixilancia Benito Cárdenas Domínguez que, segundo a xefatura da FE de las JONS de Bande, era o home de confianza do tenente no que atinxía á validación das denuncias que chegaban ás súas mans por llevar poco tiempo encargado de la linea y haber estado de baja casi siempre hasta el glorioso movimiento nacional”.
Por umha carta do médico ourensam Casimiro Diz Lois, Delegado Provincial de Sanidade e militante falangista, datada a 21 de janeiro de 1941, dirigida ao juiz de Responsabilidades Políticas da capital do Minho, constata-se que o assassinato do guarda florestal do Agrelo foi resultado de “venganzas personales”, pois além de “hombre de orden”, destaca que “Evidencia la significación ideológica de la víctima (y sobre todo que no pertenecía a partidos de izquierda) el hecho de que su viuda Dª Elena Leon Fernandez es preceptora de haber pasivo, condición pensionista que no existiría si la conducta del funcionario motivase su eliminación física”. Expediente nº 40 de 1940 do “Tribunal de Responsabilidades Políticas de La Coruña” contra Jaime Martínez García.
Morais C. (2020) “Benito Valencia Bouza. Artífice do Sindicato Campesino de Souto, Val do Límia. Compostela: Comité pola Memória Histórica do Val do Límia.
Decembro 27, 2021