Fotografia de José Rodríguez Cardona

Divulgamos a fotografia de José Rodríguez Cardona, um dos membros fundadores do legendário Sindicato Campesinho de Souto (SCS).
No retrato coloreado, fornecido polo seu neto José Antonio Garrido Rodríguez, o sindicalista campesinho aparece acompanhado pola sua mulher Placer Valencia García, e Elisa Rodríguez Valencia, umha das sete filhas do matrimónio.
Possivelmente a fotografia foi tomada na feira de Couso à volta de 1925.
Polo Livro de Atas da organizaçom sindical campesinha sabemos que após o falecimento 29 de maio de 1936 de Placer Valencia García, natural de Soutelo, aos 38 anos de idade a consequência dumha “angina”, o SCS “Por unanimidad se acordó sumarse al duelo por el fallecimiento de la compañera del compañero José R. Cardona asi como enviarle una carta al socio y obligar a todos los socios a concurrir al acompañamiento del cadáver”.
José Rodríguez Cardona era parente do “tio García”, denominaçom familiar de Manuel García Rodríguez, vicepresidente do Sindicato Campesinho de Souto, com quem coincidiu na emigraçom em Cuba.
“José Rodríguez Cardona naceu en 1887 na rua Pescadores do barrio da Barceloneta de Barcelona. O seu pai era de Pintás (Calvos de Randín), quen exerceu de mestre en Barcelona casando cunha costureira catalana.Parece que sendo neno faceleu a nai e volvéron a Galicia nunha tartana, un carromato con un par de rodas cuberto cunha lona, e tirado por un cabalo ou mulo, propio da Catalunya e o Levante naquela época, sei que tardáron vinte e oito dias na viaxe de regreso. E do único dos meus avós que nom puiden conseguir foi a partida de nacemento, os meus tentaronno e non o conseguíron, parece que se perderon na guerra, houbo moitos saqueos e incendios nas parroquias de Barcelona.
Faleceu en Pazos 2 de outubro de 1959, e non en Soutelo onde residía na altura, porque colleu unha pulmonía e foi coidado nos seus últimos días polas súas fillas Inés e Maruxa que vivían no lugar debido os seus respectivos casamentos.
Complicoóuselle un catarro e morreu de pulmonía, en Pazos, na casa da súa filla Inés, sei que para chegar de Barxés a Pazos houbo tramos nos que o levaban ás costas, andando él non daba chegado. Enterrárono no cemiterio de Barxés, nunha tumba sen nengunha inscripción, moi preto da entrada lateral da igrexa, tódolos que entran pisan nela!.
De mozo iba as temporadas da sega do cereal a Castela, recordo escoitar que o camiño era o máis del a pé.
O meu avó, tiña arredor dos vinte anos cando embarcou para Cuba, xunto o seu curmán, Manuel García Rodríguez, os dous leían e escribían con fluidez, e dominaban o cálculo aritméticio, as catro operacións básicas, seguramente ensinadas polo seu pai e tío respectivamente, que era mestre.
O meu avó traballou xunto co seu primo, o García, nun economato, o período debeu ser de máis de dez e menos de trece anos. Á volta a Galicia, non debeu tardar moito en casar cunha primá irmá tamén do seu amigo e curmán, e “socio de aventuras”, Placer Valencia García, de Soutelo. Ó ano tiveron unha filla, Elisa, a miña nai. Ó pouco volveu embarcar cara Nova York, unha estancia de entre tres e catro anos, traballando na estiba de barcos no porto, non sei en que condicións, si como porteador, listeiro … Sei que cheguei a ter nas miñas mans un libro de castelán-inglés que debeu servirlle no seu coñecemento do inglés. Á volta, xa metidos no 1927, tivo de forma continuada, digamos que, ano a ano a resta dos seus fillos, seis, un faleceu ó pouco de nacer. Os aforros tiñaos nun banco de Vigo que quebrou, recobrou unha mínima parte en 1929?. E xa estamos na época de eleccions e República, afiliouse ao Sindicato Campesiño de Souto. A súa dona enfermou da garganta ata o punto que morreu diso. Foi enterrada envolta nunha bandeira republicana, entre os panteóns de Joaquín González, home da súa filla Lucita e do seu fillo Antonio.
Nesto chegou a guerra, mais dunha vez recibiu a visita dos falanxistas que o ameazaron con darlle “o paseo”, mandáronlle poñerlles a merenda e procurou que quedasen contentos. Marcharon decíndolle que se salvara por ser viuvo e ter seis fillos ó seu cargo. A maior tiña trece anos, seguianlle unha de oito e o máis pequeno non chegaba ós tres.
Nos anos sucesivos sei que tuvo un pequeno colmado tanto en Farnadeiros coma en Soutelo. Son os que logo tuveron en Farnadeiros a súa filla Asunción e en Soutelo o seu fillo Antonio, estes que menciono a xente maior inda os debe recordar”.
👉Testemunho de José Antonio Garrido Rodríguez, recolhido no livro ‘Moinhos republicano e antifascista’, publicado polo Comité pola Memória Histórica do Val do Límia, da autoria de Carlos Morais.
Pode ser uma imagem de 3 pessoas
Ver estatísticas e anúncios
Promover publicação
Gosto

 

Comentar
Partilhar
Novembro 6, 2023